
Xoieiro Esférico Flor
Impostos incluídos. Os gastos de envío calcúlanse ao finalizar a compra
Paga de forma segura con: Visa, Mastercard, PayPal, Apple Pay, Google Pay, American Express, UnionPay, Shop Pay, Maestro y Transferencia bancaria
Descrición:
Trátase dun xoieiro en forma de esfera completa, cortada unicamente polo plano inferior que fai de apoio estable. A tapa, que mantén a liña de perfil en xeral, ten unha pequena asa en baixorrelevo para facilitar a súa apertura.
O decorado Flor ten inspiración vexetal. Non busca a representación exacta de ningunha planta en particular, senón que utiliza a linguaxe propia da natureza para homenaxeala e ornamentar este xoieiro. Preséntase en azul combinado co noso vermello baixocuberta.
Dimensións:
Alto: 10,5 cm.
Ø: 12,5 cm.
Material: Porcelana.
Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.
Elixe opcións

Xoieiro Esférico Flor
Precio de oferta49,00€