
Voluta
Impostos incluídos. Os gastos de envío calcúlanse ao finalizar a compra
Paga de forma segura con: Visa, Mastercard, PayPal, Apple Pay, Google Pay, American Express, UnionPay, Shop Pay, Maestro y Transferencia bancaria
Descrición:
Na Galicia do século XVII, aparece con éxito o Barroco galego nun momento de efervescencia cultural. Un dos grandes artífices do Barroco galego foi Simón Rodríguez, ao que se debe a decoración a base de placas circulares, volutas, recortes, discos..., denominándose a este estilo Barroco de placas, do cal é un bo exemplo o convento compostelán de Santa Clara.
En SARGADELOS, sempre atentos á nosa historia, non podíamos esquecernos desta arte coñecida como Barroco galego e, en especial, das súas placas. Así que fixemos, na súa homenaxe, esta Voluta decorada baixo e sobre cuberta.
Esta peza decorativa foi pintada a man sobre a porcelana vidrada con cor vermella intensa, cocéndose nesta etapa a 800º C (por terceira vez), é por iso que o seu proceso de produción é máis laborioso.
Dimensións:
Alto: 26 cm.
Material: Porcelana.
Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.
Elixe opcións

Voluta
Precio de oferta164,00€