
Reloxo de Sol Peregrino
Impostos incluídos. Os gastos de envío calcúlanse ao finalizar a compra
Paga de forma segura con: Visa, Mastercard, PayPal, Apple Pay, Google Pay, American Express, UnionPay, Shop Pay, Maestro y Transferencia bancaria
Descrición:
Nos momentos fundacionais do fenómeno da peregrinación a Santiago non había máis posibilidades ca facer o camiño a pé, coa única excepción dalgúns poucos privilexiados que o podían realizar a cabalo ou en carreta. Nesas viaxes, a orientación facíase seguindo a Vía Lactea, a estrela Polar e outras referencias xeográficas. As pautas diarias eran marcadas polo orto e o ocaso solar ou algún outro instrumento orientativo da hora do día coma este Reloxo de Sol que reproducimos, encaixado nunca cuncha de vieira como iconografía do Xacobeo porque moitos peregrinos non podían resistir a tentación de ver poñerse o sol en Fisterra, onde se cría que acababa o mundo e de onde procedían as cunchas.
Dimensións:
Longo:11 cm
Ancho: 11 cm
Alto: 3 cm
Material: Porcelana.
Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.
Elixe opcións

Reloxo de Sol Peregrino
Precio de oferta60,00€