
Sargadelos en Moma Design Store
É unha gran satisfacción para SARGADELOS poder anunciar que o MoMA DESIGN STORE comercializa na súa tenda de Nova York e na súa páxina web, un xogo exclusivo de tres pezas baseado na Forma P da nosa marca.
Trátase dunha edición especial de SARGADELOS na que utilizamos catro novos cores, posibilitando así diversas combinacións no prato fondo, chairo e de sobremesa, o que proporciona unha gran vistosidade e elegancia á vaixela.