
Velcípedo errante
O Patronato da FUNDACIÓN SARGADELOS complácelle informar que o vindeiro martes, 15 de julio, nas instalacións da fábrica SARGADELOS, sita en Cervo, instalarase o “velocípedo errante”.


Artiluxio, diseñado e fabricado polo persoal de SARGADELOS, e que contribuirá -eso esperamos- a facer máis atractiva a visita ao complexo socio-cultural de SARGADELOS.



Conxunto integrado pola fábrica, o museo de cerámica, a horta dos alieníxenas, a piscina dos desenganos, a taberna dos irmandiños e diversas esculturas e artiluxios emplazados nos terreos da propiedad.