VISITAS GUIADAS ESTIVALES NAS NOSAS PLANTAS DE PRODUCIÓN

Publicado el día 2019-06-26

Visitas a SARGADELOS

Sargadelos, a 25 de Xuño de 2019.– A partir do próximo luns 1 de Julio, SARGADELOS reestablece as visitas guiadas ás súas plantas de produción en Cervo e Sada coa finalidade de fomentar e preservar o patrimonio cultural, turístico e empresarial de Galicia con máis de 210 anos de historia.

O espírito aberto de SARGADELOS fai que, durante todo o ano, se poidan visitar as plantas de produción en horario de traballo, de forma libre e sen guía, causando gran interese no visitante poder velo in situ. O noso é un proceso que foxe da industrialización para achegarse ao artesán, feito que pon en valor que cada unha das nosas pezas sexa única e representativa da nosa terra. Ademáis, durante todo o ano pódense organizar visitas guiadas para grupos chamando ao teléfono 982 557 841 ou a través do correo electrónico sargadelos@sargadelos.com.

Ante o gran interese que esperta SARGADELOS, un ano máis queremos transmitir os nosos valores de deseño, calidade e compromiso dando a oportunidade ao visitante de coñecernos desde dentro. Os horarios para as visitas guiadas durante os meses de xullo e agosto serán:

 – Fábrica de Sargadelos en Cervo (Lugo) ás 11:00 h e á 13:00 h de luns a venres laborables.

– Fábrica de Sargadelos en Ou Castro en Sada (Coruña) ás 12:00 h de luns a venres laborables.

Durante a visita, cunha duración estimada de entre 30 e 40 minutos, o visitante poderá coñecer cada un dos procesos polos que pasa unha peza de SARGADELOS, ata converterse nunha peza única de porcelana da máis alta calidade. Trátase dun proceso moi laborioso, case artesanal e de gran complexidade manufactureira que se mantivo vivo durante séculos e que constitúe un tesouro en si mesmo.