SARGADELOS PRESENTA “AGUA DE PERFUME BRÉTEMA”

Publicado el día 2019-11-07

DSC_0086

Este medio día a Planta Circular da Fábrica de Sargadelos en Cervo acolleu a presentación en sociedade de “Auga de Perfume BRÉTEMA”.
Ao acto acudiron todos os traballadores da planta de produción de Cervo e unha representación dos traballadores da planta que a firma posúe en Castro de Samoedo (Sada), así como clientes e unha nutrida representación do tecido asociativo, empresarial e político da zona.
Na presentación interviñeron Dona Sara Méndez, responsable creativo de SARGADELOS, Don Segismundo García, Administrador Único do Grupo SARGADELOS e Don Rafael Marzán, responsable da cadea de perfumerías ARENAL que, ademais de Sargadelos, distribuirá nos seus locais o perfume Brétema.
Na súa quenda de palabra, a responsable creativa de Sargadelos explicou que “Galicia é un país de brétemas, de Brétemas, no noso idioma e, son precisamente esas formacións nubradas que aparecen e desaparecen en calquera momento e lugar de maneira inesperada as que regalan maxia e misterio á nosa terra desde tempos inmemoriables. Interesados sempre en dar a coñecer ao mundo nosas mellores peculiaridades materiais e inmateriais, pretendemos atrapar nun pequeno frasco de porcelana uno dos fenómenos meteorolóxicos máis característicos de Galicia, as brétemas”
No frasco aparecen gravados os catro elementos da natureza necesarios para que o procedemento cerámico teña lugar: lume, terra, aire e auga e, no interior depositamos un pouco da esencia da nosa terra. Isto, unido á nosa historia, dan como resultado un perfume único, inconfundible envasado nun recipiente cerámico excepcional feito a man e pintado no noso característico “Azul Cobalto”.
Unha vez finalizado o acto de presentación, os asistentes puideron degustar un viño galego acompañado da actuación do grupo de Jazz de Pablo Sanmamed.
DSC_0086

DSC_0052

DSC_0076