PRESENTACIÓN ELESEDE-51

Publicado el día 2019-07-27

elesede-51.jpg

En xullo de 1968 estreábase no Reino Unido a película de animación “Yelow Submarine” baseada na canción homónima dos Beatles e na que se vía representada a estética e a ideoloxía propia do novo movemento contracultural da época.

A rebeldía da mocidade daqueles anos sesenta protagonizou o movemento hippie e as revoltas de maio de 1968; pero a música desenfadada, insolente e atrevida de infinidade de conxuntos musicais temperou o desacato e a trasgresión proclamada.

50 anos despois daquela estrea SARGADELOS quere render tributo a unhas xeracións, que, na súa inxenuidade, pretenderon cambiar o mundo e aínda que non o conseguiron, co seu entusiasmo pola vida e a súa paixón pola música abriron novos camiños á liberdade.

Para todos eles creamos o submarino ELESEDE-51 unha peza que busca reflectir ese espírito irreverente e libertario da época. Con esta nova creación, que se une a Psicodelia” (homenaxe a Pink Floyd) presentada en novembro do 2016, SARGADELOS persiste na súa intención de “abrirse ao mundo” sen renunciar en ningún momento ás súas raíces galegas.

Este esforzo de internacionalización vese gratificado coa presenza en prestixiosos medios de comunicación como o diario The New York Times, o cal publicou unha reportaxe o pasado día 23 cos pratos que se podían degustar no espazo Little Spain e no que gran parte dos soportes cerámicos formaban parte de noso catalogo:

https://www.nytimes.com/interactive/2019/07/23/dining/mercado-little-spain-review-pete-wells.html?te=1&nl=evening-briefing&emc=edit_ne_20190723?campaign_id=57&instance_id=11124&segment_id=15485&user_id=25829b432c77db67aede0201053ea80b&regi_id=8162553820190723