Inauguración Mural en Solidariedade con Xapón

Publicado el día 2016-07-13

O pasado luns 11 de marzo inaugurouse o mural en solidariedade con Xapón realizado na Escola de Cerámica cos rapaces do IES Adormideras o se facer dous anos do seísmo, posterior tsunami e catástrofe nuclear. O acto tivo lugar na praza do Pendón, en Cabana de Bergantiños, este foi o lugar escollido para o emprazamento do mural xa que rapaces cabaneses participan todos os anos nas actividades da Escola de Cerámica ademais de ser un lugar con un entorno natural inigualable.
O mural é un crebacabezas de 429 pezas de cerámica, sobre o que aparece o poema Iroha atribuído a Kobo Daishi (774-835) o cal contén, sen ningunha repetición, todos os sons da lingua xaponesa e con frecuencia utilízase para a aprendizaxe da mesma. Recibe o nome de pangrama ou texto que usa todas as letras posibles do alfabeto dun idioma.
Tradución:
Por alegre que sexa a súa cor
(a flor)¡ai! desaparece.
Que hai neste mundo
que podería durar eternamente?
Indo máis alá do hoxe
O límite do mundo aparente.
Eu non verei máis soños que pasan flotando
E non me deixarei enganar máis por eles.

Pero como nas culturas orientais os números foron sempre unidos á poesía, estas mesmas sílabas, mantendo tamén a mesma orde, remataron por adquirir un valor numérico. E é por isto polo que os xaponeses empregan a miúdo este poema como serie numérica (1 2 3 4 5 6 7 8 9).

This store uses cookies so that we can improve your experience on our sites. If you continue browsing, we consider that you accept its use. Go to cookies policy
-->