Novo Xarrón Envés

Xarrón Envés

33500145

76,86 €

Descripción do Produto:

As Follas son os órganos das plantas especializados na fotosíntese, uns dos elementos mais representativos e característicos de cada especie, polo que hai un extenso campo de estudio o respecto.

A morfoloxía foliar describe ases diferentes maneiras de clasificalas. Así segundo a súa estrutura poden ser simples ou compostas; segundo a súa forma poden ser redondas, ovaladas, lobuladas, elípticas, alargadas, lanceoladas, espatuladas, cuneiformes, lineais…; segundo o aspecto do borde hainas aserradas, dentadas, lobuladas, fendidas, partidas…; segundo a súa nervación poden ser pinnadas, palmeadas, radiais, paralelas... e así nun sen fin de clasificacións que dan mostra da gran riqueza e diversidade do mundo vexetal.

As follas normalmente están compostas por una lámina plana chamada limbo, dun pequeno talo, o pecíolo, que une a lámina ao talo principal e de un par de apéndices semellantes a follas que se chaman estipulas.

O limbo, que é a parte da folla que contén a maior parte dos cloroplastos encargados da fotosínteses, presenta dúas caras, a superior e mais visible chamada face e a inferior e habitualmente mais oculta chamada envés.

En SARGADELOS escóllemos esta parte, habitualmente considerada como o lado ou a cara menos perfecta ou menos brillante das follas pero que en realidade presenta una cutícula mais fina, maior densidade de estomas e, tamén, maior abundancia de tricomas (pelos epidérmicos), para nomear un decorado de clara inspiración vexetal.

Desta maneira queremos poñer a atención nesas cousas que no fondo son moito mais do que parecen, semellan discretas pouco exuberantes e sen brillo pero no seu interior esconden un mundo moito mais rico e complexo do que poderiamos imaxinar.

Características:

Alto: 29 cm aproximadamente.

Color: azul e verde.

Material: porcelana.

30 produtos da mesma categoría: