Voluta
05019040
Descripción do Produto:
Na Galicia do século XVII, aparece con éxito o Barroco galego nun momento de efervescencia cultural. Un dos grandes artífices do Barroco galego foi Simón Rodríguez, ao que se debe a decoración a base de placas circulares, volutas, recortes, discos..., denominándose a este estilo Barroco de placas, do cal é un bo exemplo o convento compostelán de Santa Clara.
En SARGADELOS, sempre atentos á nosa historia, non podiamos esquecernos desta arte coñecida como Barroco galego e, en especial, das súas placas e fixemos, na súa homenaxe, esta Voluta decorada baixo e sobre cuberta.
Esta peza decorativa foi pintada á man sobre a porcelana vidrada con cor vermella intensa, cocéndose nesta etapa a 800° C (por terceira vez), de aí que o seu proceso de produción sexa máis laborioso.
Características:
Alto: 26 cm.
Material: Porcelana.
Coidados: limpar cun pano suave e húmido.