Vela Aromática Monxa Etheria

05019050

78,51 €

Descripción do Produto:

Quixemos captar toda a riqueza natural e cultural do percorrido Xacobeo con esta colección de velas aromáticas, unha exquisita serie de catro aromas, que corresponden a cada un dos catro tramos do Camiño e as súas paisaxes. Son Senda Silvestre, Horizonte Infinito, Bosque Sacro e Finis Terrae, catro perfumes creados por algúns dos mellores perfumistas do mundo. Neles están o bosque, o mar, as orquídeas silvestres ou os campos de espigas.
Ademais, recuperamos as emblemáticas figuras de personaxes medievais creadas polo artista Luís Seoane, nos anos setenta, para conter cada unha das velas. Os personaxes escollidos por Sargadelos para Velas do Camiño son: A Monxa Etheria, O Obispo Sisnando, O Mestre Mateo e Xelmirez. Así, únense memoria cultural e identidade olfativa nesta colección de Velas do Camiño.

Os vasos de porcelana conteñen 720 gramos de cera 100% vexetal e con tres mechas, o que as dota dun delicado aroma envolvente e duradeiro.

Dimensións: 

Altura: 11,8 cm 

Diámetro: 11,4 cm  

30 produtos da mesma categoría: