Sancho Cor
05016012
Descripción do Produto:
SARGADELOS contribuiu á conmemoración do 400 aniversario da publicación do Quixote, o único mito universal que un recoñece inmediatamente en calquera representación plástica.
Fanse tres variacións da figura de Sancho Panza: unha decorada en azul baixo cuberta, serie limitada e tirada debidamente xustificada e numerda do 1/2000 ao 2000/2000. E outras dúas variantes, unha en porcelana tipo biscuit (sen decoración nin vidrado), e outra con cores baixo e sobre cuberta, sen limitación de tirada.
Esta peza decorativa foi pintada á man sobre a porcelana vidrada con cor vermella intensa, cocéndose nesta etapa a 800° C (por terceira vez), de aí que o seu proceso de produción sexa máis laborioso.
Características:
- Alto: 23,5 cm.
- Material: Porcelana.
- Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.