Quixote Branco
05014000
Descripción do Produto:
SARGADELOS contribuiu á conmemoración do 400 aniversario da publicación do Quixote, o único mito universal que un recoñece inmediatamente en calquera representación plástica.
Fanse tres variacións da figura do Quixote: unha decorada en azul baixo cuberta, serie limitada e tirada debidamente xustificada e numerda do 1/2000 ao 2000/2000. E outras dúas variantes, unha en porcelana tipo biscuit (sen decoración nin vidrado), e outra con cores baixo e sobre cuberta, sen limitación de tirada.
Características:
- Alto: 35 cm.
- Material: Porcelana.
- Coidados: limpar cun pano suave e húmido.