Portadocumentos Geo Unisex Negro
CPS00201
Descripción do Produto:
Compacto e esvelto portadocumentos confeccionado en pel de vacún gravada cun singular e elegante deseño xeométrico.
Conta cun espazoso interior con diferentes compartimentos, co tamaño perfecto para levar e organizar os documentos e os esenciais do día a día.
Podes levalo polas súas asas superiores ou colgado do ombreiro grazas á súa bandoleira con cincha desmontable e axustable para maior comodidade. Ademais incorpora un compartimento traseiro cunha ampla trabilla para enganchar ao asa fixa da túa trolley.
Sen dúbida o complemento perfecto para que acompañes as nosas carteiras masculinas da colección GEO , inspiradas en elementos de xeración xeométrica, que responden a deseños que tiveron vixencia e presenza na cultura popular e historia de Galicia.
Características principais: forro con estampado de Sargadelos, cremalleira de dobre
peche con tiradores de pel de vacún , peto frontal con cremalleira e peto traseiro con dobre funcionalidade.
Medidas aprox.: 39 x 28 x 6,5 cm.