Pano Pequeno Vacas
CPS01033
Descripción do Produto:
"O día en que emitamos papel moeda non estamparemos nel retratos de políticos, nin de sabios, nin de artistas; estamparemos só a figura dunha vaca,[...]" Esta frase de Castelao explica á perfección como a vaca é o animal máis representativo de Galicia e, por tanto, a nosa inspiración para dúas dos panos desta colección.
Neste pano as distintas cores das vacas simbolizan as diferentes razas que conviven nos pastos galegos. A vistosidade destas cores representa tamén a vida que estes animais achegan ás nosas paisaxes.
Este exclusivo pano está feito en España, confeccionado polos nosos artesáns sobre seda natural, elaborado 100% a máquina cun deseño 100% cultural.
Características:
- Tamaño: 45 x 45 cm.
- Material: 100% Seda Twill.
- Inclúe estoxo premium.