Pano Castelaos
CPS01010
Descripción do Produto:
Inspirado no trazo da firma de Rosalía de Castro xorde a idea deste pano. Trátase dunha serie de retratos desta autora, debuxados a partir dunha única liña que imitan a forma tradicional de escritura, a manuscrita.
As cores empregadas son o branco e o azul; branco como o papel sobre o que ela escribía, e azul por ser xunto có verde a cor que máis escribía para describir a Galicia. O azul pódese atopar en moitos dos seus versos, chegando incluso a dar nome a algúns dos seus poemas, como "No ceo, azul crarísimo" ou "Del mar azul las transparentes olas".
Este exclusivo pano está feito en España, confeccionado polos nosos artesáns sobre seda natural e rematado 50% a man 50% a máquina cun deseño 100% cultural.
Características:
- Tamaño: 90 x 90 cm.
- Material: 100% Seda Twill.
- Inclúe estoxo premium.