Máscara Xogos Populares B

CPS50010

29,75 €

Descripción do Produto:

DESCRICIÓN
- Máxima protección: 3 capas de tecido
*Especificación UNE 0065:2020
- Reutilizables. Inclúen ranura para filtro extraíble.
- Anatómicas. Axuste perfecto ás formas do rostro cubrindo nariz e queixo. Clip axustable de nariz, para maior comodidade e sujección.
- Sostibles. Produción e uso sostible que provoca o mínimo impacto ambiental. Certificado STANDARD 100 de OEKO- TEX® que verifica que non existen substancias nocivas nos tecidos.
- Fabricadas de maneira artesanal en talleres téxtiles galegos.
DETALLES E COIDADOS
Exterior e forro: 100% algodón - Filtro: 100% polipropileno.
- Lavar a máquina max. 40º C. Introduza a súa máscara nunha bolsa para pezas delicadas con deterxente.
- Non usar suavizante. Este produto elimina o tratamento biocida do tecido.
- Non usar lixivia. Existen produtos como o osíxeno activo que eliminan xermes e bacterias coa mesma eficacia que a lixivia, evitando así a deterioración do tecido co tempo.
- Non usar secadora.
- Pasar o ferro max. 150º C. Este procedemento reactiva o tratamento antibacteriano biocida.
- Non limpeza en seco.
- Lavar con cores similares.
*Este artigo non é unha máscara cirúrxica ou respiratoria, nin un dispositivo de protección persoal ou médico. Este artigo é só para uso privado e non é adecuado para uso médico ou seguridade laboral.
As máscaras de SARGADELOS fabrícanse integramente e de maneira artesanal en Galicia. Desde os seus inconfundibles e característicos deseños, desenvoltos polos creativos da marca; ata a última puntada, cosida en talleres téxtiles locais.
Os tecidos que compoñen as nosas máscaras ofrecen a máxima protección contra virus e bacterias, cumprindo a normativa UNE 0065:2020 en canto a eficacia de filtración bacteriana e respirabilidad. Pero, para a súa maior eficacia e seguridade, todas as máscaras SARGADELOS, incorporan receptáculo para filtro e son lavables. Así, a súa máscara pode ser utilizada, con plena seguridade, repetidas veces.
Ademais de preocuparnos por ofrecerlle os mellores materiais na loita contra o virus, tamén nos ocupamos en crear un deseño favorecedor, estético e cómodo á vez; cun patrón ergonómico en diferentes tallas, que se adapta a todos os rostros, cubrindo nariz, boca e queixo. Así mesmo, o clip nasal evita que a máscara se baixe ou que queden espazos entre o extremo superior e o nariz.
O uso de máscaras reutilizables contribúe á redución drástica de residuos e colabora co coidado do planeta.
CARACTERÍSTICAS:
Medidas aprox.:
 - Talla S (INFANTIL): 12 cm. x 21 cm. (longo x ancho)
 - Bolsa: 14 cm. x 14 cm. (longo x ancho)
Inclúe 3 filtros de tecido TNT spunbond de 100 gr. (recomendado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para a fabricación de máscaras).

Este dispositivo non é un produto sanitario no sentido da Directiva 93/42 ou do Reglamento UE/2017/745, nin un equipo de protección individual no sentido do Regulamento UE/2016/425.

4 produtos da mesma categoría: