Fular Anduriñas Branco

CPS01041

152,89 €

Descripción do Produto:

Para o deseño e execución deste fular, Sargadelos inspírase no voo das anduriñas, unha das aves migratorias por excelencia. Moi común e popular nas nosas cidades, voa compulsivamente, dun lugar a outro, alegrándonos o día ; e é tan familiar que non repara en aniñar nas nosas casas ou visitarnos nos nosos balcóns.

Por iso, pola súa proximidade e ausencia de sofisticación finxida , como signo de admiración, consideración e respecto, en Sargadelos  inspirámonos nesta delicada, graciosa e aerodinámica ave, para crear este pano exclusivo de alta calidade, feito de seda 100% natural, que esperamos poida traerlle benestar e delicadeza.

Dimensións:

Longo: 180 cm aprox.

Ancho: 50 cm aprox.

Material: seda satinada con estampado de anduriñas a dobre cara.

11 produtos da mesma categoría: