Elesede 51

05004999

123,14 €

Descripción do Produto:

The Beatles é sen dúbida a banda de rock máis aclamada e influente da historia da música.

O grupo, sempre acompañado dun gran éxito comercial, converteuse nun auténtico fenómeno social e cultural nunca antes visto.

A música e estética dos Beatles impregnaron a nosa cultura occidental desde a segunda metade do século XX. A rebeldía da mocidade daqueles anos sesenta protagonizou o movemento hippie e as revoltas de Maio de 1968; pero a música desenfadada, insolente e atrevida de infinidade de conxuntos musicais temperou o desacato e a trasgresión proclamada.

Con esta reinterpretación do icónicoYellow submarine”, SARGADELOS quere render tributo a unhas xeracións, que, na súa inxenuidade, pretenderon cambiar o mundo e aínda que non o conseguiron, co seu entusiasmo pola vida e a súa paixón pola música abriron novos camiños á liberdade.

Dimensións:

Longo: 25 cm aprox.

Alto: 18 cm aprox.

Ancho: 11cm aprox.

 

Material: Porcelana.

30 produtos da mesma categoría: