Taberna Sargadelos

CULTURA E TRADICIÓN UNIDAS POLA GASTRONOMÍA GALEGA
Despois de máis de 12 anos, a “Taboa dos Irmandiños” volve recuperar a súa función de comedor. Esta icónica dependencia, que fose o comedor dos empregados durante anos, abre de novo as súas portas como TABERNA SARGADELOS para que veciños e visitantes poidan gozar dos pratos máis emblemáticos da cociña galega servidos en vaixela SARGADELOS ou simplemente gozar da estancia tomando un viño de “barrica” en cuncas da firma. Neste novo espazo, dentro da inconfundible Planta Circular, resaltan especialmente os murais de Luís Seoane que decoran e embelecen a estancia, creando un ambiente único e irrepetible.



Fotografías da comida tradicional galega servida na Taberna SARGADELOS.
