Museo Sargadelos


Imagen Museo SARGADELOS Acceso ao Museo SARGADELOS, xunto á fonte deseñada por Arcadio Blasco, Carmen Perujo, Enrique Mestre e Silveiro Rivas.


RECUPERACIÓN DO NOSO PATRIMONIO HISTÓRICO, ARTÍSTICO E CULTURAL

O emblemático edificio que outrora albergaba o Seminario SARGADELOS, despois de recuperar os ambientes orixinais e a través de sete salas, pretende mostrar a historia da cerámica, a evolución estética da produción de porcelana e o importante papel que SARGADELOS desempeñou na cultura galega.
Neste recinto pódense atopar diversas salas cunha ampla colección do noso patrimonio artístico e cultural. Dende os inicios, coa sala dos precursores que mostra pezas de Sargadelos antigo e olería tradicional de Galicia, ata a última sala de SARGADELOS actual, pasando polo auditorio, a biblioteca ou a sala dedicada ás experiencias, realizadas en SARGADELOS dende 1972.
Recomendamos facer a visita en horario de 11:00 a 14:00, xa que así poderán continuar a EXPERIENCIA SARGADELOS contemplando as diferentes etapas do proceso cerámico na nosa planta de producción.

Pezas realizadas por distintos artistas durante as antigas Experiencias de SARGADELOS.
Familia recibindo unha visita guiada.
Detalle de espiral tallada na antiga casa de Isaac.
Auditorio do Seminario de SARGADELOS.
Pezas antigas e actuais expostas no Museo.