FOROS DE DEBATE 2017


A FUNDACIÓN SARGADELOS, coa colaboración e financiación da Deputación de Lugo e coa intención de fomentar o diálogo e a tolerancia, á vez que impulsar a vida cultural da mariña lucense, organiza uns FOROS DE DEBATE que, a través dun ciclo de conferencias desemboque nos obxectivos antes apuntados.

Para esta VII Edición escolleuse o tema: "ÉTICA E POLÍTICA", e a nosa pretensión é que a cuestión sexa abordada desde as diversas perspectivas: intelectual, académica e política, por invitados de solvencia acreditada.

Este ano participarán:
  • D. Alberto Núñez Feijóo, día 3 de Novembro.
  • Dona. Rosa Díez González, día 10 de Novembro.
  • D. Íñigo Errejón Galván, día 17 de Novembro.
  • D. Patxi López Álvarez, día 24 de Novembro.
Os Foros de Debate desenrolaranse os catro venres do mes de Novembro ás 20.30h. no “Salón Mariña” do Hotel VOAR (Ribadeo) e todos eles estarán abertos ao público libre e gratuítamente.

FOROS DE DEBATE 3 DE NOVEMBRO: D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

No marco da VII edición do Foro de Debate da Fundación Sargadelos, o Presidente da Xunta de Galicia reflexionou acerca da responsabilidade e os valores éticos na política: “Para que o compoñente ético da política non estea descompensado a responsabilidade debe ir da man da convicción, porque un político desprovisto de conviccións carece de rumbo, móvese polo mero oportunismo e produce políticas erráticas. E, pola contra, se esquece a responsabilidade, acaba sacrificando o seu pobo no altar das súas obsesións ideolóxicas.”
A intervención de D. Alberto Núñez Feijóo despertou o interese dos asistentes que abarrotaban o Salón e que, tras a ponencia, poideron facerlle libremente todo tipo de preguntas para coñecer de primeira man a opinión do Presidente.
D. Alberto Núñez Feijóo.
Conferencia celebrada o 3 de Novembro de 2017.
Asistentes á conferencia prestando atención a la exposición.
D. Segismundo García e D. Alberto Núñez Feijóo intercambiando impresións tras a súa intervención.

FOROS DE DEBATE 10 DE NOVEMBRO: DONA. ROSA DÍEZ GONZÁLEZ

Dña. Rosa Díez argumentou durante a súa elocución a idea de que cada persoa leva ou debería levar un político dentro. A fundadora de Unión, Progreso e Democracia (UPyD) considera que é unha maneira de ser responsable nunha sociedade avanzada: "Como cidadá sí me considero política porque son unha persoa comprometida, que se preocupa polo que pasa no seú país."
Dona. Rosa Díez. Conferencia celebrada o 10 de Novembro de 2017.
A fundadora de UPyD nun momento da súa exposición.
Imaxe dos asistentes ao acto.

FOROS DE DEBATE 17 DO NOVEMBRO: D. ÍÑIGO ERREJÓN GALVÁN

D. Iñigo Errejón Galván resaltou durante a súa exposición a necesidade de construír un novo acordo como país que reduza as desigualdades, aposte por unha modernización económica baseada no coñecemento e a sustentabilidade ambiental, entre outros temas. O público abarrotou as instalacións e participou activamente no debate posterior.
D. Iñigo Errejón Galván. Conferencia celebrada o 17 de Novembro de 2017.
Traballadores de SARGADELOS con Iñigo Errejón ao finalizar el acto.
Vista xeral Salón Mariña durante a exposición.

FOROS DE DEBATE 24 DE NOVIEMBRE: D. PATXI LÓPEZ ÁLVAREZ

O encargado de clausurar a VII Edición dos Foros de Debate foi D. Patxi López Álvarez. O actual secretario de Política Federal do PSOE, subliñou a importancia da transparencia e a honradez dentro da política e apelou á necesidade dunha ética pública que estea por encima de todo.
D. Patxi López Álvarez. Conferencia celebrada o 24 de Novembro de 2017.
Asistentes á última sesión desta edición dos Foros de Debate.
D. Patxi López respondendo ás preguntas durante o debate.