A FUNDACIÓN SARGADELOS, grazas ao esforzo e á dedicación dos traballadores do GRUPO SARGADELOS, continúa a súa traxectoria cultural coa organización dos VI Foros de Debate. Celebrados en novembro de 2016, devanditos debates convocaron a relatores ilustres nunha serie de conferencias cunha gran acollida popular.
Baixo o título "EUROPA, UN PROXECTO COMÚN", representantes de distintas ideoloxías da vida política e cultural do noso país expuxeron e debateron co público as súas ideas sobre o futuro do continente. Os foros comezaron o día 4 de novembro de 2016, coa intervención de D. Miguel Ángel Revilla, presidente de Cantabria. O día 11 foi a quenda de D. Josep Borrell, expresidente do Parlamento europeo e exministro español con gobernos socialistas. D. José Manuel García-Margallo, ministro en funcións de Asuntos Exteriores, protagonizou a conferencia do día 19. E o 25 de novembro, pechou o programa D. Bieito Rubido, director do diario ABC.
"TALENTO, TRABALLO E SENTIDIÑO" son os termos que resumen o espírito destes renovados Foros de Debate que pretenden seguir sendo un referente cultural da Mariña, con eco no resto de Galicia e Asturias.
D. Miguel Ángel Revilla. Presidente de Cantabria. Conferencia do 4 de Novembro de 2016.
D. Josep Borrell. Ex-Presidente do Parlamento Europeo. Conferencia do 11 de Noviembro de 2016.
D. José Manuel García-Margallo. Ministro de Exteriores en funcións. Conferencia do 18 de Novembro de 2016.
D. Bieito Rubido. Director do Diario ABC. Última conferencia dos VI Foros de Debate, celebrada o 25 de Novembro de 2016.
D. Segismundo García, conselleiro delegado de SARGADELOS, departindo con D. José Manuel García-Margallo ao finalizar a súa conferencia
Público asistente ás conferencias no Hotel Voar (Ribadeo)