MUSEO CARLOS MASIDE - HORARIO E ACTIVIDADES DIDÁCTICAS


AVISO IMPORTANTE: O MUSEO PERMANECERÁ PECHADO TEMPORALMENTE ATA NOVO AVISO.
Se desexan facer visitas guiadas (para grupos) deben consultar dispoñibilidade enviando un email a: cgonzalez@sargadelos.com.
Desculpen as molestias.

Ófrecese a posibilidade de solicitar estas visitas guiadas para grupos, cunha duración media entre hora e media e dúas horas. Estas visitas ó museo, na gran maioría, nos días laborables, vincúlanse cunha visita á planta de produción de Cerámicas do Castro, una maneira de dar a coñecer todos os aspectos relacionados con SARGADELOS, a cultura e a cerámica.

As visitas guiadas consisten nunha explicación no auditorio do Museo por parte de persoal especializado, apoiada coa proxección de material documental dos seus fondos, en función da idade ou formación do grupo. Compleméntase con fichas didácticas nas que se lles achega a orixe do museo e o ideario dos seus fundadores, características e procedencia da súa colección e dos seus fondos, a singularidade arquitectónica do edificio que os acolle e o obxecto do museo como centro divulgador da arte galega contemporánea.

Estas visitas realízanse de maneira gratuíta, facilitando o acceso ao coñecemento dunha colección de arte contemporánea galega estable,
que parte dos anos do inicio da II República e fundamentalmente de Castelao e do grupo de artistas integrantes no chamado Movemento Renovador da Arte Galega ata os nosos días.

Visitas guiadas para escolares ao MUSEO CARLOS MASIDE

5 visitas guiadas por colexio ao Museo Carlos Maside e Fábrica de Cerámicas do Castro

  • Introducción á colección do Museo a cardo dun especialista. Visita pedagóxica guiada.
  • Visita á Fábrica de Cerámica do Castro, previo visionado de vídeo do proceso.
  • Grupos dun máximo de 40 nenos.
  • Duración aprox. : 1,5 - 2 horas.

Nas visitas guiadas a escolares, cóntase coa colaboración da Deputación de A Coruña, así como na catalogación, dixitalizacion, recuperación e restauración de parte dos seus fondos.


FONDOS
ARTÍSTICOS
EXPOSICIÓNS
TEMPORAIS
HORARIO E ACTIVIDADES
DIDÁCTICAS
AXENDA
NOVAS