FOROS DE DEBATE


A FUNDACIÓN SARGADELOS coa colaboración e financiación da Deputación de Lugo, instituíu uns FOROS DE DEBATE con carácter anual nos que se abordan e debaten temas culturais e de actualidade desde distintas perspectivas.

É habitual a participación de ponentes ilustres que expoñen o seu punto de vista e participan no posterior debate cos asistentes congregados de maneira distendida e dinámica.

Como símbolo dos mesmos elexiuse a Figura Voluta, homenaxe ao arte coñecido como Barroco Galego, que representou no seu día unha efervescencia do mundo cultural e artístico.