EDICIÓS DO CASTRO


Selo editorial concibido por Luis Seoane, que principia a sua actividade coa publicación en 1963 dos primeiros orixinais posibles das carpetas de gravados de El Toro Júbilo e O Meco.

A Fundación Sargadelos e o Laboratorio de Industria e comunicación do Castro, sostiveron a actividade editorial empeñada na recuperación da memoria histórica de Galicia, no estudio da súa realidade actual e na divulgación científica das nosas bases económicas e da nosa diversidade e formas culturais.

No catálogo de Ediciós do Castro a través das súas diversas coleccións, prioritariamente en galego de ensaio, narrativa, divulgación científica, economía, etnografía, arte, historia, poesía ou teatro. Salientar series de publicacións que pretenden retomar o espírito anovador e investigador do antigo Seminario de Estudios Galegos, os Cadernos do Seminario de Sargadelos, os Gallaecia co depto. de prehistoria da USC, reedicións facsimilares de revistas e publicacións desaparecidas, rescatadas do seu esquecemento ou a coleccións Documentos para a historia contemporánea de Galicia, clave para a recuperación e a normalización da historia más recente de Galicia. Autores que atoparon nesta editorial un espazo adecuado para dar a coñecer a súa obra en galego ou sobre Galicia, en circunstancia difíciles e complexas a partir destes primeiros anos dos 60, Curros Enríquez, Neira Vilas, Blanco Amor, Filgueira Valverde, Paz Andrade, Luis Seoane, García Sabell, Emilio Martinez López, Daniel Cortezón, Chao Rego, Carlos Fernández, … que a converteron nunha editorial fundamental para o coñecemento e a difusión da cultura galega en máis de mil títulos publicados.




Para obter máis información acerca das publicacións de Ediciós do Castro pode mandar un correo electrónico a fundacionsargadelos@sargadelos.com