OBRADOIROS E WORKSHOPS


A FUNDACIÓN SARGADELOS coa colaboración da Deputación de Lugo organiza anualmente Workshops de deseño cerámico, como obradoiros prácticos para un reducido número de participantes con vinculación ao mundo do deseño (máximo 10-12 alumnos por obradoiro).

Ademáis do equipo técnico de SARGADELOS, participarán neles salientables deseñadores nacionais e internacionais nas especialidades convocadas.
Os obxectivos dos workshop serán:

    • Introducción á metodoloxía do deseño e desenvolvemento de producto.
      • Experimentación e aprendizaxe a través dun proxecto de deseño persoal relacionado co sector e a actividade propia en cada un dos obradoiros.
        • Novas aportacións na búsqueda de soportes orixinais, para unha demanda real nun sector en alza con necesidades de innovación e futuro.


      Solicitude de participación en próximos obradoiros: fundacionsargadelos@sargadelos.com

      WORKSHOPS SARGADELOS 2017


      No ano 2017 organizáronse tres Workshops de deseño cerámico, como obradoiros prácticos para un reducido número de participantes con vinculación ao mundo do deseño (máximo 10-12 alumnos por obradoiro). Plantéxase como curso de 40 horas, repartidas en 8 horas diarias, nunha semana de luns a venres, empregando técnicas compatibles coas usadas actualmente nos procesos productivos de SARGADELOS:

      • Cerámica e complementos de moda. Do 16 al 20 de outubro. Centro de Artesanía de Lugo.
      • Cerámica e iluminación. Del 23 ao 27 de outubro. Fca. de Sargadelos – Cervo – Lugo.
      • Cerámica e gastronomía. Del 6 ao 10 de novembro. Fca. de Sargadelos – Cervo – Lugo.

      Participa ademáis do equipo técnico de SARGADELOS, salientables deseñadores nacionais e internacionais nas tres especialidades convocadas, deseñadores da Escola de Deseño Industrial de Ferrol da UDC e da Escola Superior de Moda de Galicia, da UVIGO.

      Cerámica e complementos de moda: Taller de deseño e desarrolo de pezas para a súa iteración e complemento no sector da moda contemporánea. Téxtil, marroquinería, xoiería e demáis complementos propios susceptibles de facer sobre soportes cerámicos. Investigación sobre novos formatos de deseño para unha hipotética reproducción en porcelana. Repaso á historia do producto, cunna exploración de ideas e prácticas contemporáneas tomando o mundo da moda como escenario para o seu desenvolvento.
      Deseñadores invitados: Helena Rohener - Marina Casal /Andrés Gallardo - Jorge Vázquez.

      Cerámica e iluminación: Deseño e desarrolo de pezas cerámicas para elementos de iluminación contemporánea. Este obradoiro centrará a súa actividade na investigación sobre o deseño den ovos formatos cerámicos de iluminación para a súa producción en porcelana, en la transmisión del conocimiento de técnicas cerámicas aplicadas en SARGADELOS e das etapas do proceso de deseño e desarrolo do produto aplicado ao sector da iluminación.
      Deseñadores/produtoras invitadas: David Martí e Jordi Capdevila de SANTA & COLE, ARTURO ALVARÉZ, Manuel del Río e Carlos Álvarez de ALVE.

      Cerámica e gastronomía: Taller de deseño e desenvolvemento das pezas cerámicas para a gastronomía contemporánea, investigación sobre novos formatos de deseño en porcelana para dar resposta á demanda da alta gastronomía, na búsqueda do soporte específico para nha demanda concreta.
      Deseñadores invitados: NADADORA/Isaac Piñeiro e CENLITROSMETROCADRADO/Xabier Rilo e Ricardo Tubio.
      Cociñeiros: Iago Pazos de ABASTOS 2.0 e Manuel Valencia do RESTAURANTE VOAR.

      IMAXES WORKSHOPS 2017

      NOVAS RELACIOADAS