1870-1875

Cuarta Etapa


tazaTaza de café decorada a man

marcasMarcas cuarta etapa

A familia Ibáñez recobra a xestión da SARGADELOS, asociándose cos coruñeses Atocha e Morodo en 1873. Básicamente, reprodúcense as pezas da etapa anterior, pero sen acadar a súa mesma calidade. Cesaron as inversións en novas instalacións e prescindiuse dos expertos ceramistas extranxeiros.

Foi a etapa na que as perdas ocasionadas polos preitos familiares dos Ibáñez levaron a SARGADELOS ata o seu peche como empresa no ano 1875.

Desde entón ata a recuperación do seu legado, na segunda mitade do século XX, a historia daquel formidable emprendemento e as testemuñas da beleza acadada nos seus talleres extendéronse sen fronteiras. EN 1972, o perímetro das anigas Fábricas foi declarado Conxunto Histórico-Artístico.

SARGADELOS converteuse nun verdadeiro mito con espazo reservado na memoria colectiva.