1835-1842

Segunda Etapa


LitografíaLitografía fundición e fábrica de Loza

CandelabroCandelabro de inspiración neogótica

José Ibáñez asociouse con Antonio Tapia para constituír a empresa Ibáñez y Tapia o 19 de maio de 1835. Coa dirección do francés M. Richard, chegado dende Turín, apostaron pola fabricación de louza fina en cor branca pintada a man. Tamén abordaron as primeiras probas de estampación e policromía.

Desta época, sobresaen as lámpadas e candeeiros en forma de castelo, e mais unha vaixela decorada con estampación de tonalidade verde-chumbo onde se representa a unha parella bailando a muiñeira. Tamén se fixeron entón fermosas placas de temas mitolóxicos e relixiosos, e excelentes pezas de toucador.