1809-1832

Primeira etapa


Presa SargadelosPresa de Sargadelos primeira época

Marcas primera épocaMarcas primeira época

José Ibáñez, fillo do fundador de SARGADELOS, asumiú o goberno da empresa tras a súa morte. Coa axuda dos seus tíos maternos e da súa muller, Anita Varela, ampliou a fábrica orixinal ata instalar tres fornos de produción, dous pequenos para ensaios e varios talleres con máis de 25 tornos.Chegarán a producir 20.000 pezas anuais de louza a comezos dos anos trinta do século XIX.

As louzas características desta época son de cor branca, con esmalte brillante de remate cremoso ou lixeiramente azulado. Sobresaen as pracas, floreiros e xerros, deseñados cun estilo neoclásico, inspirado na louza inglesa de Bristol. Corresponden a esta época as primeiras pezas pintadas a man.