Cítara C
06000202
Descripción do Produto:
Aínda que o 90 % da iconografía dos instrumentos musicais en pedra se encontra ao longo do Camiño de Santiago, Galicia conserva unha gran representación nas redondas e macizas esculturas dos pórticos e capiteis das súas igrexas e catedrais.
A cítara é o instrumento de corda pulsada máis importante da Idade Media, o instrumento bíblico de David. Nesta interpretación reproducimos un modelo que se encontra no primitivo rosetón da fachada exterior do Pórtico da Gloria.
Características:
Edición Limitada: 1000 unidades.
Dimensións aproximadas: 18x16,5 cm.
Material: Porcelana.
Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.