Brétema Auga de Perfume

05001010

100,00 €

Descripción do Produto:

Galicia é un país de brétemas. Son esas formacións nubradas que aparecen e desaparecen en calquera momento e lugar de maneira inesperada, e que regalan misterio e esplendor á nosa terra desde tempos inmemoriais...

Por iso en SARGADELOS, interesados sempre por dar a coñecer ao mundo nosas mellores peculiaridades materiais e inmateriais, pretendemos atrapar neste pequeno porrón de porcelana uno dos fenómenos meteorolóxicos máis característicos de Galicia: as brétemas.

No frasco aparecen gravados os catro elementos da natureza necesarios para que o procedemento cerámico teña lugar: lume, terra, aire e auga. E no interior depositamos un pouco da esencia da nosa terra. Todo iso, unido á nosa historia, dan como resultado un perfume inconfundible envasado nun recipiente cerámico excepcional feito a man e pintado no noso característico “azul cobalto”.

Medidas aprox.: ø90 x 150 x 40 mm.

Vaporizador unisex 85 ml.

Cando vostede adquire un frasco de Auga de Perfume BRÉTEMA (de SARGADELOS), vostede non só compra unha fragrancia exclusiva que trata de evocar esencias e aromas perennes escondidos nas paisaxes galegas e que quixemos mesturar co frescor da brisa mariña tan presente nas nosas costas.


Vostede tamén consegue un frasco de cerámica de SARGADELOS (que é unha pequena obra de arte) deseñado e fabricado nos nosos talleres por expertas e destras artesás.Por iso preocupámonos de que ao esgotar o seu contido, se envía o envase á nosa fábrica, por un importe de 39 € devolverémosllo de novo enchido.


Queremos que o orixinal aroma brétema lle acompañe moitos anos.

11 produtos da mesma categoría: