Botella Profeta Salomón
06000076
Descripción do Produto:
Botella representando ao Profeta Salomón da que se fixo unha serie de 1999 reproduccións xustificando o número de tirada en cada peza de xeito indeleble.
Reinou en Israel dez séculos antes de Cristo, establecendo unha monarquía comercialmente moi activa con preferencia polos metais preciosos e polas construccións maxestuosas, como o gran templo de Xerusalén e o palacio real. Foi sonada a súa sabedoría e a súa prudencia: a él se lle atribúen moitas obras poéticas e importantes textos bíblicos. Pola súa reacción soubo discernir cal daquelas dúas mulleres era a nai do neno que mandou partir ao medio e tamén responder a tódolos enigmas e consultas que lle formulou a raíña de Saba.
Altura: 25 cm aproximadamente.
Material: Porcelana.
Coidados: limpar con un pano suave e húmido.