Bolso Esfera Marino
CPS00451
Descripción do Produto:
Bolso confeccionado en pel volta con adorno exterior formado por unha placa grande de porcelana con tira de pel e borla de pel con argola de porcelana.
Con orixe na nosa historia, estes exclusivos deseños remóntanse aos anos 70 onde SARGADELOS saca a primeira colección de medallas e dando paso á posterior liña das coñecidas placas María.
Estas rechamantes medallas xunto cos nosos bolsos son unha oportunidade perfecta para ter un produto exclusivo. Os amantes da cor e as pezas máis antigas poderán facerse cunha colección de artigos de coleccionista que irá aumentando ao longo do ano.
Características:
- Cor: azul marino.
- Dimensións: 23 x 23 cm.
- Correa regulable.
- Peto interior.
- Exterior: 100% pel volta.
- Interior: forro 100% porcino.