Arlequín

06000014

107,85 €

Descripción do Produto:

En 2015 celébrase o 120 aniversario da primeira exposición de Pablo Picasso na súa longa traxectoria artística. O acontecemento tivo lugar en febreiro de 1895, cando o pequeno artista tiña 13 anos, nun establecemento comercial da Rúa Real da cidade da Coruña, onde o neno viviu de 1891 a 1895.

Nada mellor para celebrar este feliz suceso que unha figura deseñada polo Laboratorio de Formas de Galicia que representa un personaxe alegre e festivo como é o Arlequín, que encarna ao astuto e intrigante protagonista da Commedia dell´Arte italiana, un personaxe presente en moitas obras de todas as etapas plásticas do pintor malagueño, en especial no periodo cubista dos primerios anos do século XX.

Alto: 20 cm

Numerado: 1/1000 unidades.

Material: Porcelana.

Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.


Esta peza decorativa foi pintada á man sobre a porcelana vidrada con cor vermella intensa, cocéndose nesta etapa a 800° C (por terceira vez), de aí que o seu proceso de produción sexa máis laborioso.

24 produtos da mesma categoría: