Oferta! Alba Gloria Nº 60

Alba Gloria Nº 60 Antolín Faraldo

33300175

22,85 € 32,64 €

Descripción do Produto:

Antolín Faraldo Asorey (Betanzos, 1822; Granada, 1853).

Escritor e político liberal-progresista, foi o representante máis destacado dos primeiros provincialistas galegos, aqueles que segundo a historiografía iniciaron unha longa marcha polo movemento galego. Participou con outros estudantes da Universidade de Santiago na fundación da Academia Literaria, centro do primeiro provincialismo galego, e animoú as publicacións "El Idólatra de Galicia" (1841-2), "El Recreo Compostelanon" (1842-3) e "El Porvenir" (1845), nas que establece as primeiras bases da ideoloxía provincialista: historicismo romántico, liberalismo avanzado, cristianismo social e defensa da natureza diferenciada en Galicia. En 1846 protagonizoú no plano civil o pronunciamento progresista de Solís, como secretario da Xunta Superior de Goberno de Galicia e director de "A Revolución". Despois do fracaso do levantamento, establécese fóra de Galicia e continúa defendendo as ideas progresistas, pero sen connotacións específicas do seu país natal. Por este afastamento de Galicia e do galego, Murguía deixou escrito que desde 1846 Faraldo "non nos pertence". Non parece que hoxe teñamos que estar de acordo cunha lectura tan galeguista dos acontecemento.

Texto extraído da obra "64 Personaxes do Alba de Groria de Castelao. Crónica de un destino". Seminario de Sargadelos.

Altura da figura: 15,5 cm.

Material: Porcelana.

Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.