Oferta! Alba Gloria Nº 45

Alba Gloria Nº 45 Casas e Nóvoa

33300160

24,01 € 34,30 €

Descripción do Produto:

Casas e Nóvoa

Nado en torno ao ano 1670, representa o máximo expoñente do barroco galego. A súa primeira obra coñecida é o claustro da Catedral de Lugo, facéndose cargo dos traballos no ano 1709, tras a morte do seu mestre Frei Gabriel de Casas. Despois traballou na Capela do Pilar da Catedral de Santiago, comezada por Andrade. En Santiago realiza tamén outras obras, entre as que se contan a Igrexa do convento de Belvís, ou o patio do Colexio das Orfas e a fonte do patio e a Capela do Socorro de San Martiño Pinario. O cabido de Lugo, en 1726, encárgalle a construción dunha capela dedicada á nosa Señora dos Ollos Grandes. Posteriormente, en 1735, realiza a fachada da Igrexa Conventual de Vilanova de Lourenzá, claro precedente das trazas que utilizará posteriormente na fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago, a súa obra fundamental, organizada a modo dun gran arco de triunfo condos torres, polo que entraban os peregrinos ao templo do Apostol. Casas morreú en Santiago no ano 1749, e foi sepultado na capela de Sancti Spiritus da catedral metropolitana.

Texto extraído da obra "64 Personaxes do Alba de Groria de Castelao. Crónica dun destino". Seminario de Sargadelos.


Altura da figura: 15 cm.

Material: Porcelana.

Coidados: Limpar cun pano suave e húmido.