Sargadelos mantén unha permanente actividade creativa e innovadora dende a sua fundación, na que intenta incorporar sempre os mellores creadores contemporáneos e as últimas tendencias do deseño industrial.
Ailanto, firma de moda afincada en Barcelona desde 1992 e formada polos irmáns Aitor e Iñaki Muñoz elexiu este floreiro de Sargadelos para aplicar un deseño no que se inspira a súa colección Outono-Inverno 2006-2007. O seu referente para esta temporada é a figura de Peggy Guggenheim, muller coleccionista, galerista e mecenas da arte de vangarda que destacou coa súa forte presenza feminina nun mundo masculino formado por artistas como Duchamp, Enest, Pollock ou Brancusi. [+]
Roberto Feo e Rosario Hurtado transforman os seus orixinais Micos en pezas de auténtica porcelana Sargadelos [+]