Novos Proxectos

Sargadelos mantén unha permanente actividade creativa e innovadora dende a sua fundación, na que intenta incorporar sempre os mellores creadores contemporáneos e as últimas tendencias do deseño industrial.

Novas pezas de xoiería

Estas pezas de xoiería naceron á calor do poema de Ánxel Valente. [+]

Mamasunción

Cando o Concelleiro de Cultura de Forcarei "Rochi", nos suxeriu facer unha peza conmemorativa dos 25 anos da estrea deMamasunción, en Sargadelos pensamos que o mellor sería unha figura representando a anciá protagonista da curtametraxe da que se fai unha tirada limitada e numerada do 1/1000 ao 1000/1000 como homenaxe á Mamasunción e a Chano Piñeiro. [+]

O Mestre Mateo e o Santo dos Croques

O primeiro dato coñecido que se ten do Mestre Mateo é nun documento de 1168, gardado no arquivo da Catedral de Santiago, no que se di que o Mestre xa traballa na Catedral de Santiago de Compostela, e por este traballo recibiu unha importante suma de diñeiro do rei Fernando II de León.
É o autor do Pórtico da Gloria da catedral compostelana. [+]

Os Trobeiros do Camiño

Os cancioneiros xacobeos son dabondo espallados por Europa, mostra patente de que os peregrinos, calquera que fose a súa nacionalidade e condición, peregrinaban rezando, cantando e pedindo esmola. A tal respeito pronúnciase D. Quixote (Cap. XL, 2.ª parte) cando "vio a dos peregrinos con sus bordones, estos que piden limosna cantando..." En todas as vías dos santuarios, os romeiros camiñaban cantando ben en forma responsorial, ben con estrofas e refráns ou en coplas... [+]


| 1 | 2 | 3 | 4 | 5