WORKSHOPS SARGADELOS 2017

Publicado el día 2017-10-09

WorkShops_2017

A FUNDACIÓN SARGADELOS coa colaboración da Deputación de Lugo organiza tres Workshops de deseño cerámico, como obradoiros prácticos para un reducido número de participantes con vinculación ao mundo do deseño (máximo 10-12 alumnos por taller). Plantéxanse como curso de 40 horas, repartidas en 8 horas diarias, nunha semana de luns a venres, utilizando técnicas compatibles coas empregadas actualmente nos procesos produtivos de SARGADELOS.

Cerámica e complementos de moda. Do 16 ao 20 de outubro. Centro de Artesanía de Lugo.
Cerámica e iluminación. Do 23 ao 27 de outubro. Fca. de Sargadelos – Cervo – Lugo.
Cerámica e gastronomía. Do 6 ao 10 de novembro. Fca. de Sargadelos – Cervo – Lugo.

Participarán ademais do equipo técnico de SARGADELOS, salientables deseñadores nacionais e internacionais nas tres especialidades convocadas, deseñadores da Escola de Deseño Industrial de Ferrol da UDC e da Escola Superior de Moda de Galicia, da UVIGO.

Cerámica e complementos de moda: Taller de deseño e desenrolo de pezas de cerámica para a súa iteración e complemento no sector da moda contemporánea. Téxtil, marroquinería, xoiería e demais complementos propios susceptibles de realizar sobre soportes cerámicos. Investigación sobre novos formatos de deseño para unha hipotética reprodución en porcelana. Repaso á historia do produto, cunha exploración de ideas e prácticas contemporáneas tomando o mundo da moda como escenario para o seu desenrolo.
Deseñadores convidados: Helena Rohener – Marina Casal /Andrés Gallardo – Jorge Vázquez.

Cerámica e iluminación: Deseño e desenrolo de pezas cerámicas para elementos de iluminación contemporánea. Este taller centrará a súa actividade na investigación sobre o deseño de novos formatos cerámicos de iluminación para a súa produción en porcelana, na transmisión do coñecemento de técnicas cerámicas aplicadas en SARGADELOS e das etapas do proceso de deseño e desenrolo de produto aplicado ao sector da iluminación.
Deseñadores/produtoras convidadas: David Martí e Jordi Capdevila de SANTA & COLE, ARTURO ALVARÉZ, Manuel del Río e Carlos Álvarez de ALVE.

Cerámica e gastronomía: Taller de deseño e desenrolo de pezas cerámicas para a gastronomía contemporánea, investigación sobre novos formatos de deseño en porcelana para dar resposta á demanda da alta gastronomía, na pescuda do soporte especifico para unha demanda concreta.
Deseñadores convidados: NADADORA/Isaac Piñeiro e CENLITROSMETROCADRADO/Xabier Rilo e Ricardo Tubio.
Cociñeiros: Iago Pazos de ABASTOS 2.0 e Manuel Valencia de RESTAURANTE VOAR.

Os obxectivos dos workshop serán:

Introdución á metodoloxía do deseño e desenrolo de produto.
Experimentación e aprendizaxe a través dun proxecto de deseño persoal relacionado co sector e a actividade propia en cada un dos talleres.
Novas aportacións na pescuda de soportes orixinais, para unha demanda real nun sector en alza con necesidades de innovación e futuro.

Solicitude de participación nos talleres:
fundacionsargadelos@sargadelos.com

Enviar documento cos seguintes datos:
1. Especificar o Workshop no que está interesado.
2. Breve xustificación do seu interese neste Taller.
3. Ten formación en algunha das materias que se impartirán no Taller elexido?
4. Ten algunha experiencia profesional relacionada co Taller elexido?
5. Curriculum.