Un “Mambrú” en homenaxe ao Marqués de Sargadelos, no bicentenario da súa morte

Publicado el día 2016-07-13

mambru

Este xarro antropomórfico reinterpretando o retrato que do Marqués pintara Goya, faise como unha homenaxe do novo Sargadelos ao fundador do primitivo complexo siderúrxico/cerámico, Don Antonio Raimundo Ibáñez, “Marqués de Sargadelos”, no bicentenario da súa morte violenta, arrastrado por dous cabalos polas rúas de Ribadeo o 12 de febreiro do 1809, cando o xeneral Woster procedente de Asturias, entra nesta vila ao mando dun exército de 7.000 homes entre soldados e paisanos.

De algunha maneira este xarro quer recordar aos “Mambrús” da primitiva manufactura sargadelián; chamábanse así aos xarros antropomórficos representando a un personaxe sentado, xeralmente con levita azul, chaleque amarelo, e sombreiro de candil. Según Filgueira Valverde, viñan ser como o “…toby jug” da cerámica inglesa, quizais debuxado por Ireson para Wincantor e que abunda en exemplares de Lamberth e Staffordshire, imitado nos seus “canecos” por Rossi “o fidalgo ceramista” de Gaya que dende alí traería Correa de Sá, con outras formas portuguesas para a cerámica de Sargadelos. Non sabemos o por que da denominación alusiva ao Duque de Marlborough, ou a un dos seus descendentes. Do modelo inglés perdeuse o xarro de cervexa e o seu divertido xogo de repeticións (1).
O “Mambrú” é a versión española da imaxe que vai na cancionciña francesa “Mambrú s’en va-t-en guerre / ne sais quand tornerá / …” que cantaban os nenos en España como “Mambrú” se fue a la guerra / que dolor que dolor que pena / “Mambrú” se fue a la guerra / no sé cuando vendrá / …”
A cancionciña francesa tentaba burlarse do Duque de Marlborough, a quen a raíña Ana abandonara á súa sorte loitando nos Países Baixos.
Con este xarro que ten unha altura de 305 milímetros faise unha réplica de menor tamaño (180 milímetros) que pode servir de xarro e xerras para cerveza, como o perdido e divertido xogo inglés do que fala Filgueira.
____________

(1) Xosé Filgueira Valverde. SARGADELOS. Caderno nº 21 do Seminario de Sargadelos.