SARGADELOS PARTICIPA NO LONDON DESIGN FESTIVAL DA MAN DO PRESTIXIOSO DESEÑADOR JASPER MORRISON

Publicado el día 2018-09-20

imagen_1-min

SARGADELOS estará presente na 16ª edición do London Design Festival que se celebra todos os meses de setembro na capital do Reino Unido. Durante 9 días Londres acolle centos de eventos que terán lugar ao longo de toda a cidade e onde se promocionará a creatividade e o deseño, para elo contan con deseñadores, artistas e arquitectos de todo o mundo e un amplo programa de eventos e instalacións nalgúns dos lugares máis importantes e emblemáticos da cidade como o Vitoria & Albert Museum e Trafalgar Square.

O deseñador internacional Jasper Morrison quixo contar este ano con SARGADELOS para poder exhibir, como él define, “unha das porcelanas europeas máis antigas do mundo” no seu estudo londiniense. O mesmo Jasper visitou as instalacións de SARGADELOS en Cervo a pasada primavera nas que tivo oportunidade de coñecer o proceso produtivo e onde quedou “impresionado pola beleza das formas e os decorados” característicos da firma.

Máis información: London Design Festival