SARGADELOS LANZA A SÚA COLECCIÓN DE PEL

Publicado el día 2017-09-01

Marroquinería

SARGADELOS como marca de prestixio e calidade e continuando coa súa política de diversificación presentará este mes de Agosto a súa liña de Pel, mantendo o seu compromiso coa calidade e o deseño característicos de SARGADELOS.

Esta colección está inspirada en pezas históricas e coñecidas creacións de SARGADELOS. Procuramos ser fieis ás cores e motivos que nos identifican, sen por iso deixar de innovar en cada un dos novos deseños.

A pel utilizada nestas creacións é 100% vacún, utilizando a parte onde se atopa a maior calidade da materia prima. Coidamos todos os detalles e ata as tinguiduras empregadas tamén están elaborados de forma natural.

Todos os artigos de pel incorporan unha Certificación de autenticidade de SARGADELOS e contan, como selo de identidade, cunha peza de cerámica de SARGADELOS na maioría deles.Marroquinería