SARGADELOS GALARDOADO CO “PREMIO Á TRAXECTORIA NACIONAL” NOS PREMIOS ANUAIS QUE OUTORGA A REVISTA INTERIORES

Publicado el día 2018-10-19

IV Premios Interiores_Premiados_Optimizada2

SARGADELOS foi galardoado na Gala da IV Edición dos “Premios Interiores”

celebrada na noite do xoves 18 de outobro no Madriño Hotel Westin Palace.

Estes Premios otorgados pola prestixiosa revista interiores, publicación pertenecente
ao Grupo Planeta, naceron co obxectivo de celebrar o talento e a creatividade, o
esforzo e o éxito dos grandes profesionais do sector do deseño e interiorismo tanto en
España como fóra das nosas fronteiras. Nesta ocasión chegaron á súa cuarta edición
co invariado compromiso de premiar aos mellores do ano: de xovenes creativos a
profesionais consagrados, sen esquecernos das compañías que fan global a súa
excelencia, a innovación ou a sustentabilidade, e, por suposto, os profesionais máis
influentes.

Os premios deste ano recoñeceron a saber facer singular e único da artesanía,
felizmente reivindicada polo deseño e a decoración. “Feito a man, feito co corazón”
foi o lema elixido para unha gala onde se premiou o máis destacado da artesanía
nacional e internacional relacionada co mundo deseño e a decoración de
interiores.

SARGADELOS foi recoñecido pola súa “Traxectoria Nacional” de máis de 200 anos de
historia nos cales a marca sempre permaneceu fiel aos seus principios: Deseño,
Historia, Cultura e Calidade.

Para SARGADELOS é toda unha honra recibir este galardón outorgado por un medio
de comunicación tan recoñecido no mundo do deseño como é a Revista Interiores.
Este premio súmase a outras boas noticias qeu a empresa está a recibir ultimamente
como a a participación na “London Design Week” da man do deseñador Jasper
Morrison ou a inclusión dalgunhas das nosas pezas no catálogo do Moma, o que nos
enorgullece enormemente e aléntanos para seguir coa mesma filsofía de traballo.

Palmarés completo da “IV EDICIÓN PREMIOS INTERIORES 2018”

Premio al Revestimiento Decorativo al Grupo Alvic
Recoge el premio: Juan Antonio Aguayo, responsable de Marketing y Comunicación del Grupo Alvic
Premio al Producto sostenible a Ideal Standard
Recoge: Alex Aymerich, Director comercial y Rubén Huerta, Director de marketing de Ideal Standard Iberia
Premio al Impulso de la Economía Circular a Signus
Recoge: Gabriel Leal, Diretor General de Signus.
Premio al Mejor Sistema de Descanso al Grupo Lo Monaco
Premio al Diseño A Medida a Gems
Recoge: Tomás Hernánadez, Fundador Gems
Premio a la Producción Artesanal a Lorena Canals
Recoge: Lorena Canals
Premio a la Mejor cortina plisada de máximo aislamiento a Velux
Recoge: Elena Arregui, Directora General Velux España
Premio a la Formación más Innovadora en Diseño a la Escuela Madrileña de Decoración
Recoge: Raquel Simón Directora de Escuela Madrileña de Decoración.
Premio a la Artesana del Año a Yukiko Kitahara
Recoge: Yukiko Kitahara
Premio a la Trayectoria Nacional a Sargadelos
Recoge: Sara Méndez Toriza
Premio al Fomento de la Artesanía a la fundación Loewe
Recoge: Sheila Loewe, Directora de la Fundación Loewe
Premio a la trayectoria Internacional a Parachilna
Recoge: Román Riera, socio fundador de Parachilna.
Premio Honorífico de esta edición a Carlos Ferrater
Recoge: Carlos Ferrater
Premio al interiorista del año
Recoge: Lázaro Rosa-Violán

 

O Xurado dos Premios Interiores estivo formado por grandes profesionais do mundo
do deseño, a arquitectura, a moda e o fomento das artes, así como autores e
xornalistas avalados pola súa ampla traxectoria e recoñecido criterio:
Pascua Ortega. Decorador de Relaciones Institucionales Marca España; Benedetta
Tabliabue, Arquitecta; Juli Capella, Arquitecto e promotor do diseño; Isabel Roig,
Directora do Barcelona Centro de Diseño e da Barcelona Design Week; Manuel
Outumuro, Fotógrafo de moda; Ramon Benedito, Director de Elisava; Márius Carol,
Director de la Vanguardia, Naní Marquina, Diseñadora; Pilar Civis, Directora da
revista interiores e Joana Bonet, Conselleira editorial de Prisma Publicaciones.