Sargadelos, elixido para o novo restaurante Tickets dos irmáns Adriá e Iglesias

Publicado el día 2016-07-13

1305281621W.TICKET.A

A histórica fábrica galega de porcelana de Sargadelos foi seleccionada polos irmáns Adriá e Iglesias para incorporarse ao seu novo proxecto gastronómico,Tickets, que vén de inaugurarse en Barcelona na primavera do 2011.

Tickets, promovido polos irmáns Adriá -Ferrán e Albert- e os Iglesias -Juan Carlos, Borja e Pedro, galegos e propietarios do restaurante Rías de Galicia en Barcelona- é un restaurante-bar que culmina “o diálogo coas tapas” que os Adriá iniciaron en El Bulli nos anos 90. Tickets mostra a evolución do seu concepto ata definirse como como “A vida tapa: un concepto global que une a gastronomía a un xeito de entender a vida. Unha forma divertida de comer que convirte a quen participa en intérprete dunha obra de teatro, dunha revista de coristas, dun vodevil circense, en protagonista dun entremés cantado. Navida tapa non hai lugar para o aburrimento”.

Os irmáns Adriá e Iglesias optaron polas bandexas, pratos, copas e vasos de Sargadelos porque conectan cos valores de Tickets, como son a innovación, la calidade e a excelencia. Ademáis, Tickets valora que as pezas de Sargadelos aportan á mesa un deseño diferente e carácter propio.

As pezas elixidas por Tickets son todas orixinais do equipo de deseño de Sargadelos, malia que a marca realiza tamén colaboracións con prestixiosos deseñadores internacionais. Todas elas incorporan a cor característica de Sargadelos desde o seu nacemento hai máis de 200 anos: o azul cobalto.