Sargadelos deseña en exclusiva o envase de Tesouro de Barcala

Publicado el día 2016-07-13

14097302521

Novo envase de porcelana para a colleita premium do mel galego Tesouro de Barcala

Tesouro de Barcala é un proxecto galego nado da iniciativa de dous mozos emprendedores que tratan de recuperar un produto natural case esquecido e pouco valorado como é o mel.

O marco natural deste mel sitúase na bisbarra do Barcala, no sueste da provincia da Coruña en pleno traxecto do camiño de Santiago a Fisterra. Este val bañado polo río Barcala otorgalle o mel unhas características únicas e distintivas de cor, aroma e composición.

A principal singularidade de Mel do Barcala é a clasificación do mel por alvarizas dado que cada un delas posúe diferentes propiedades organolépticas dependendo da vexetación que as rodea. O proceso de extracción e procesado do mel realízase de maneira artesanal co fin de evitar procesos mecanizados nos que o mel acada altas temperaturas que acaban por degradar a súa calidade e propiedades, ademáis faise especial fincapé na hixiene, garantindo que non se procesa o mel cas mans en ningún momento da extracción e o envasado.

Sargadelos en colabaoración con Mel do Barcala diseñou en exclusiva os recipientes para a colleita PREMIUM. Estes envases de porcelana inspirados nos antigos meleiros garanten que factores externos como a luz solar a humidade e os olores non perxudiquen a calidade da mel para que o consumidor final poida desfrutar dun produto natural directamente da colmea o padal.