RZ-2: Deseño Sen Caducidade

Publicado el día 2016-07-13

Juego_de_Cafe_RZ

No ano 1967 faise no Castro en porcelana, una serie de catro decorados para un xogo de café, aplicados sobre unha forma cilíndrica, con calca serigráfica de baixa temperatura a 800ºC. Pasadas catro décadas, seguen mantendo a vixencia e a estima que os distingue nos círculos mais puros do deseño.

O certo é que a proxección de Sargadelos ten moito percorrido. Pode mirar cara adiante, achegando aos mellores artistas do presente. Ou ollar para atrás, e recoller da súa bagaxe deseños antigos, mais novamente gostosos, como o xogo de café RZ-2, do ano 1967.

Ainda que pasou medio século por riba delas, a creatividades destas pezas non pode resultar máis actual. Por eso, decidiuse reproducila, aplicando sobre a mesma forma cilíndrica e decorado coa mesma técnica orixinal, empregando agora si, unha calca serigráfica de alta temperatura a 1200ºC.

Cunha tirada reducida de 300 xogos, xustificada en todos eles a numeración do 1/1 ao 1/300 e cun texto que di COLECIÓN MEMORIA DO CASTRO. DECOR. RZ-2 – 1967 – SERIE LIMITADA impreso no fondo de cada cafeteira.

Se queres desfrutar deste proxecto, podes atopalo nas Galerías Sargadelos e demais puntos de distribución en España.

Consultar puntos de distribución.