PRESENTACIÓN GAITA SEIVANE/SARGADELOS

Publicado el día 2017-11-20

Gaita Susana Seivane Sargadelos

Da man de dúas empresas galegas que fusionan cultura, tradición e artesanía xorde un proxecto de colaboración no que se pretende agrupar o mellor de cada unha para ofrecer un produto de calidade.

A madeira e a porcelana combínanse formando un contraste de materiais puros que elevan o seu produto final nun acabado sen igual e innovador. Sería a primeira vez que se combinan estes dous materiais nunha gaita, que como as dúas empresas, levan dentro da súa alma a Galicia.

Para a presentación dunha peza tan única e especial, contaremos coa presenza de SUSANA SEIVANE, o vindeiro martes día 21 de novembro ás 12:00 h na Fábrica de SARGADELOS de Cervo (Lugo). Durante o acto, a artista galega interpretará dous temas coa gaita na icónica Planta Circular.