Presentación do xogo Arde Ludus

Publicado el día 2014-12-19

arde-ludus

XOGO EDUCATIVO

Un entretemento para todas as idades, unha mestura de sabedoría e azar para gozar e aprender descubrindo os segredos do pasado romano de Lucus Augusti e de toda a Gallaecia! Divertido, entretido, didáctico, diferente a todos os xogos que coñeces.
Recomendado para adultos, para familias, nos centros de ensino e, en xeral, a partir dos 12 anos.

BREVE DESCRICIÓN

Xogo de mesa que mestura probas de coñecemento sobre o Imperio Romano, maioritariamente relacionadas coa antiga cidade de Lucus Augusti (actual Lugo) con un xogo de azar.
O taboleiro contén 63 casas ilustradas con imaxes de obxectos, lugares, edificios, museos e outros elementos representativos do pasado histórico romano da cidade de Lugo e, en xeral, da romanización do noroeste peninsular.
Gaña o xogo quen, seguindo as regras establecidas, consigue chegar en primeiro lugar á casa final, a ilustrada coa figura de Minerva, deusa romana da sabedoría.

ELEMENTOS

Caixa que contén:
Taboleiro de 50 x 50 cm.
Mazo de cartas con máis de 300 preguntas de temática relacionada co mundo romano
6 peóns de diferente cor
1 dado

PREGUNTAS (algúns exemplos)

-Os romanos lavaban os dentes con ouriños e os mexos máis cotizados eran precisamente os procedentes de …
HISPANIA CARTAGO GALLAECIA

-Os romanos calvos pintaban a calva ou usaban perrucas, que en latín da época se chamaban …
CUBRECALVAS CAPILAMENTUM CASPORU

-Os romanos cando se bicaban nas meixelas dicían que daban un …
CARIÑO ÓSCULO MORREO

-Un miliario era un esteo de pedra que se poñía nas vías romanas cada …
MIL METROS MIL PASOS MIL PÉS

RESPONSABLES
Deseño: Suso Barral / tfno.: 687 75 73 12 / info@degalicia.es
Documentación: Antonio Reigosa
Promoción: Gonzalo Abuín (2xmil Soluciones S. L.)
Fabricación e distribución: Junor S. L.

Contacto comercial: Gonzalo Abuín / tfno.: 982 81 92 66 / info@2xmil.com
Junor S. L. / tfno.: 982 523 043 / junor@junor.es
Contacto prensa: Antonio Reigosa / tfno.: 655 43 25 11 / reigosa@mundo-r.com